Un pouco de historia

O Argentina Sunset Club nace como unha pequena churrería nos anos 70, cunha filosofía clara, levar un bo produto á beira da praia a veciños e veraneantes de Cabañas.

Co paso dos anos e o incremento da cultura de praia e sol, o local transformase ás mans da 2ª xeración familiar, dando un cambio radical orientándose a un café-bar que ofrece comidas na praia. É aquí cando se define o camiño que seguirá no futuro.

Xa en 2017 e ás mans da 3ª xeración, experimenta a súa maior transformación. Adáptase aos novos tempos, incorporando novas tecnoloxías, procesos, maquinaria e servizos que o transformarán dun chiringuito de praia nun gran restaurante na area, pero sempre mantendo o espírito de chiringuito e a súa filosofía arraigada en todas as súas décadas de historia.

O Argentina Sunset Club é o lugar que une a experiencia ao longo dos anos co mellor produto e un local adaptado aos tempos que corren, moderno, elegante e minimalista, cun servizo de 1ª que che fará sentir como en casa.

Paixón do equipo

O noso equipo mozo e dinámico está comprometido en proporcionar un servizo cálido e eficaz.

No Argentina Sunset Club, a paixón polo que facemos tradúcese en experiencias únicas e innovadoras con melloras constantes para sorprenderte cada día.

Un espazo para cada momento

Sempre á última

Instalacións

Dispoñemos de moderna maquinaria que nos permite elaborar un bo produto á beira da praia, co servizo áxil que demandan os nosos clientes.

As nosas instalacións e o bo facer dos nosos cociñeiros permiten ofrecer comida de alta calidade, así como segura para aquelas persoas con intolerancias ou alerxias.

Tecnoloxía

Cremos que a tecnoloxía é un gran aliado para mellorar o noso servizo, e é por iso que dispoñemos, entre outras cousas, de telecomandas, walkie-talkies e cartas dixitais con QR e NFC, así como un sistema informático para a xestión de comandas sen contacto, que nos permiten ter o control da situación para que non teñas que preocuparte por nada.